A Xunta adxudica as obras de restauración da igrexa da Nosa Señora da Antiga

Un investimento de 560.000 euros recuperará a cúpula do templo monfortino

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Interior da Nosa Señora da Antiga. Fonte: Turismo de Galicia

Interior da Nosa Señora da Antiga. Fonte: Turismo de Galicia

Os traballos de restauración da cúpula da igrexa da Nosa Señora da Antiga, no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos, comezarán en breve. A Xunta de Galicia adxudicaba este 26 de febreiro as obras neste templo, que contarán cun orzamento total de 560.822,30 euros e que dispoñen dun prazo de nove meses para se completar.

O proxecto pretende resolver os problemas de estanquidade e corrixir as patoloxías que poñen en risco a conservación deste espazo. De xeito máis concreto, realizaranse estudos sobre a situación da pedra e da estrutura da cúpula, e substituirase o selado e rexuntado de fendas deste espazo.

Tamén se realizará unha limpeza das pezas, que serán sometidas a un tratamento de impermeabilización, ademais de substitución as ventás da lanterna da cúpula. A intención é eliminar as filtracións de auga que afectaban ao templo desde este elemento, danado desde o terremoto de Lisboa de 1755 e que ademais foi afectado por un raio nos anos 80.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia, Monforte de Lemos, Lisboa