Os traballos de conservación na igrexa, claustro e áreas de visita pública no Colexio do Cardeal de Monforte repararán os desperfectos que o terremoto de Lisboa de 1755 causaron no templo deste complexo. A ConsellarÃa de Cultura anunciaba este 8 de xullo o investimento de 420.000 euros en traballos no edificio, entre eles "o selado da greta do muro do presbiterio" e "reparación de gretas e a posta en carga da bóveda" da igrexa. Estas fendas foron causadas polo terremoto de 1755 que, con epicentro en Lisboa, deixou pegada en diferentes edificacións galegas do perÃodo. No seu comunicado a Xunta sinala que "aÃnda que as mesmas non comprometen á estabilidade das bóvedas é preciso corrixir".
Canda a estas actuacións, prevese a substitución da cuberta de tella do presbiterio, a consolidación da bóveda ou a restauración e posta en valor do pasadizo existente tras esta zona. Traballos contra os insectos xilófagos e para evitar filtracións de auga fan tamén parte do contrato que acaba de licitar a Xunta.