O Santuario das Ermidas recibirá un investimento de 560.000 euros

A Xunta anuncia novas investigacións e traballos de restauración en cuberta, fachadas e soportais

22/11/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Santuario das Ermidas. Fonte: Turismo de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciou na mañá deste 22 de novembro un investimento de 560.000 euros en traballos de restauración do Santuario das Ermidas. O complexo relixioso situado no concello Bolo acollerá obras de reparación da cuberta ademais de traballos de limpeza, consolidación e renovación dos rexuntados e a restauración da bóveda plana da Torre do Evanxeo.

O proxecto, que está previsto que se inicie no segundo trimestre do ano 2023, afectará tamén á Casa da Administración deste espazo, onde están previstas tarefas de limpeza e a eliminación de cementos e elementos alleos e a desmontaxe das reixas e vidros existentes co fin de recuperar o espazo orixinal dos soportais.

A Consellería sinala que o orzamento inclúe tamén a dotación dunha nova iluminación, a renovación dos vidros, a recuperación das carpinterías, a execución de novas estruturas metálicas para soportar os Vía Crucis e a rehabilitación integral dos aseos, o que permitirá mellorar as infraestruturas da zona das visitas culturais. En paralelo, desenvolverase unha investigación sobre as canalizacións históricas deste ben.

Rodríguez lembrou que con estes fondos o investimento feito polo Goberno galego no santuario durante a última década chega case a 850.000 euros.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Torre, Goberno Galego

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos