O Mosteiro de Carboeiro sufrirá obras de restauración por valor de 360.000 euros

Evitar as humidades é o obxectivo fundamental das accións que se desenvolverán no monumento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciou onte durante unha visita ao Mosteiro de Carboeiro o investimento de 360.000 euros en traballos de restauración deste monumento. O conxunto monactal situado en Silleda verá actuacións centradas sobre todo na reducción das humidades que lle afectan. De xeito máis concreto, Rodríguez anunciou que se prevé a "limpeza e reparación da cuberta da igrexa, a limpeza das fachadas en xeral, a mellora das fiestras das torres para evitar a entrada de auga na cripta, a reparación e consolidación de muros en mal estado e a rehabilitación da cuberta da antiga casa monacal". Os traballos, pendentes de asinar un convenio cos propietarios do cenobio para se licitar, inclúen tamén a limpeza das pinturas da ábsida.

As actuacións fan parte do do programa de conservación e posta en valor de inmobles declarados BIC vinculados coas rutas do Camiño de Santiago. De cara ao futuro, a Consellaría de Cultura sinalou a necesidade de desenvolver un estudo de estableza unha diagnose da situación do conxunto, determine as prioridades para o recuperar e indique os seus posibles usos entre outras cuestións.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mosteiro de Carboeiro, Román Rodríguez, Silleda, Muros...