Cultura anuncia o investimento dun millón de euros no Mosteiro de Oseira

Os traballos afectarán a cubertas, carpinterías, parámetros e pinturas murais

2/5/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A visita que realizou este sábado o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ao Mosteiro de Oseira, serviulle para anunciar o vindeiro investimento dun millón de euros para acometer obras de mellora no inmoble. En concreto prevense traballos de restauración da cuberta, a carpintaría e os paramentos, así como recuperación de pinturas murais e retablos, nuns traballos que se prevé comezen este mesmo ano e se desenvolvan durante dous. Segundo explicou Rodríguez e recolle La Región, o proxecto, que se licitará en vindeiros meses, quere garantir a conservación do monumeto, potenciar o seu valor como atractivo turístico e recurso cultural e contribuír á dinamización do rural ourensán. O orzamento prevé tamén un estudo sobre as necesidades de conservación deste ben e dun documento técnico que sirva de base para un futuro plan director do mesmo.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oseira, Román Rodríguez, La Región, Ourense

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares