O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a licitación do contrato de obras para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosteiro de Santa MarÃa a Real de Oseira, en Cea. No mesmo establécese un investimento de 791.945 euros que se destinará a obras de limpeza e mellora da cuberta, carpintarÃa e pinturas murais. Do mesmo xeito, actuarase sobre a carpintarÃa da fachada principal, repararase a fonte do Claustro dos Cabaleiros e realizarase un estudo do inmoble con vistas á elaobración dun estudo de conservación preventiva, e dun documento técnico que sirva de base para a futura redacción dun Plan director do monumento, segundo explica a Xunta.
En paralelo, a ConsellarÃa de Cultura licitou a restuaración dos cubos XIX e LXXX da Muralla romana de Lugo, que se suman ás obras que está previsto que comecen no mes de setembro nos cubos LXX e LXXI do monumento romano. En total, preto de 600.000 euros permitirán a desmontaxe e reconstrución destes elementos de muros próximos con vistas a conseguir unha correcta impermeabilización e consolidación dos mesmos. O proxecto inclúe tamén escavacións arqueolóxicaxs nas zonas afectadas.