A realización das obras de mantemento e restauración máis necesarias e urxentes do Mosteiro de Oseira achégase hoxe un pouco máis coa publicación no Diario OficiaL de Galicia da resolución pola que se fai pública a formalización do contrato de obras. A empresa Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A. (Resconsa) será finalmente a encargada de levar a cabo os traballos para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosteiro de Santa MarÃa a Real de Oseira, en San Cristovo de Cea, Ben de Interese Cultural (BIC) con categorÃa de monumento. A empresa presentou a oferta economicamente máis vantaxosa por 556.194,10 euros, (IVE excluÃdo), que rebaixa en case 100.000 euros o orzamento de base. Esta intervención está co-financiada ao 80 por cento con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
O contrato que agora se fai público, formalizouse o pasado 30 de novembro, e conleva a intervención cunha selección de obras contempladas no Proxecto básico como "as máis necesarias e urxentes que o orzamento nos permita", segundo a redacción deste documento dirixido polo arquitecto César Portela que lembra que o investimento que serÃa necesario para "acometera as obras que devolvan o esplendor ao conxunto exceden o orzamento dispoñible". O proxecto básico de intervención insta a respectar no máximo posible o concepto as técnicas e os valores históricos do conxunto coñecido como "o Escorial galego" e fai unha descrición pormenorizada das ´súas patoloxÃas e lesións. As intervencións estarán dirixidas máis a tratar as causas que os sÃntomas das patoloxÃas. Os elementos arquitectónicos deteriorados serán reparados e non substituÃdos, segundo este proxecto.