
Os traballos afectarán tamén aos espazos compartidos pola igrexa parroquial e o antigo mosteiro, un conxunto que leva anos en mans privadas e que viu sucesivos proxectos de recuperación para uso hostaleiro que non se chegaron a desenvolver.
En paralelo, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural anunciou tamén un investimento de 379.634 euros na igrexa da Trinidade, en Ourense. Os fondos destinaranse fundamentalmente á mellorar o estado das cubertas do templo, mellorando a rede de evacuación de pluviais ademais de limpar a fachada, repoñer os rexuntados deteriorados, drenar os muros en contacto co terreo e sanear os paramentos interiores. Tamén se desenvolverán accións no interior do templo como a consolidación da bóveda de barrotillo da nave, a instalación dun novo pavimento de tarima de madeira ou a renovación da instalación eléctrica.