O Consello da Xunta deu luz verde este luns á sinatura do convenio de colaboración entre a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude e a Diocese de Tui – Vigo para a reconstrución e consolidación do campanario, fachada e cuberta da Igrexa de Santa MarÃa de Reboreda (Redondela). Este templo tiña importantes danos desde marzo de 2022 a causa dunha tormenta eléctrica que afectou especialmente ao campanario, fachada e cuberta do templo. O goberno autonómico achegará trescentos corenta e tres mil catrocentos sesenta e tres euros con cincuenta céntimos (343.463,50 €) para as obras necesarias de intervención na ermida datada en 1736 e que é un ben protexido polo seu valor cultural y forma parte do catálogo provincial de patrimonio. No verán de 2022 un grupo de canteiros reparou os danos da cúpula e será agora cando se aborde o resto das necesidades de restauración do inmoble.