A Xunta financiará con 200.000 euros as obras de mantemento do edificio CÃrculo das Artes de Lugo, inmoble construÃdo polo arquitecto Luis Bellido no ano 1898 e que conta coa consideración de carácter histórico catalogado como Ben de Interese Cultural. O Consello da Xunta aprobou onte a sinatura dun convenio de colaboración entre a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude e a Sociedade Circulo de las Artes para facer obras de mellora na cuberta, fachada e interiores deste inmoble catalogado cun nivel de protección 2 e que posúe un papel relevante na vida cultural da cidade.
O CÃrculo das Artes de Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro que ten entre os seus fins, a promoción e desenvolvemento da Cultura e o Deporte nos seus máis amplos aspectos, posibilitando neste sentido un labor educativo. Nesta liña de actuación, atende especialmente á organización de exposicións, audicións musicais, competicións deportivas, proxeccións, certames, ciclos de conferencias que de ningún modo poderán versar sobre asuntos polÃticos, clases de solfexo, música, guitarra e demais instrumentos, debuxo, pintura, idiomas e Lingua e Literatura Galega, entre outras. Segundo comunica a propia asociación, con este acordo, ao proporcionar una inxección económica á sociedade para mellorar o edificio, "facilitarase abrir as instalacións, sen custo, aos artistas e entidades do mundo da cultura lucense, sempre en función da dispoñibilidade do espazo da entidade e da compatibilidade coa programación propia do cÃrculo das Artes".