O Consello da Xunta aprobou na súa primeira sesión de decembro asinar un convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra que levará a un investimento total de máis de 20,8 millóns de euros para completar a rehabilitación do Teatro Fraga de Vigo. Presentado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, como "proxecto estratéxico de paÃs", o Teatro Cine Fraga segue deste xeito o camiño da súa recuperación tras da compra do inmoble a Abanca e a posterior licitación do proxecto de rehabilitación, que xa custaron máis de dez millóns de euros ao erario público entre as acehgas de Xunta e Deputación Provincial de Pontevedra. Segundo o novo convenio plurianual 2025-2028 o Goberno galego achegará o 51 % desta contÃa e o organismo provincial o 49 % restante, igual que se fixo coa súa adquisición e seguindo a porcentaxe de titularidade de cada unha das institucións públicas no inmoble.
O obxecto deste convenio é dar continuidade ás obras xa executadas no proxecto orixinal polo equipo técnico do arquitecto César Portela, autor e propietario intelectual delas, e a quen, consecuentemente, se lle adxudicou por contrato de exclusividade a redacción do proxecto básico e de execución, asà como a dirección das novas actuacións. Precisamente, prevese para abril do ano que vén a presentación do proxecto, co obxectivo de poder licitar as obras a mediados de 2026. A rehabilitación ten por obxecto respectar a intervención xa realizada segundo o proxecto orixinal para converter este edificio emblemático, de 7.000 metros cadrados, no epicentro da innovación cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Cómpre lembrar que o Teatro Cine Fraga conta xa cunhas liñas estratéxicas definidas e un plan de usos perfilado con achegas feitas pola cidadanÃa a través dunha campaña, presencial e virtual.