A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra veñen de abrir unha caixa de correo virtual na para recoller propostas, ideas e suxestións que permitan enriquecer o plan de usos do Teatro Fraga de Vigo. Asà o anunciaron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José Lopez Campos, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, na presentación da campaña 'O mellor espazo busca o mellor contido'. Tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, as entidades e persoas interesadas poderán enviar as súas achegas ata finais de setembro a través do enderezo propostas@teatrofraga.gal. Pola súa banda, o presidente da Deputación, Luis López, destacou a alianza entre os organismos autonómico e provincial para rescatar un inmoble que sumaba máis vinte anos pechado. Ambas administracións en convenio ultimaron fai pouco máis dun mes a compra do inmoble á Abanca por 9,3 millóns de euros.
A campaña 'O mellor espazo busca o mellor contido', abre un proceso de diálogo coa cidadanÃa e que incluirá, ademais da creación da caixa de correo, a celebración de diversas xuntanzas presenciais con colectivos e representantes do sector cultural e a veciñanza nas que recoller as súas demandas e debater as propostas achegadas a través do enderezo electrónico. O antigo Teatro Cine Fraga foi ideado hai máis de 80 anos por encargo de Isaac Fraga Penedo, un dos exhibidores cinematográficos máis importantes de Galicia naquela época. O proxecto conta con máis de 7.000 metros cadrados, nos que se prevé aproveitar ao máximo as instalacións xa levantadas para levar a cabo unha variada programación que incluirá eventos e espectáculos que esixen unhas dimensións como as que ofrece o inmoble, proxectos baseados na exhibición, a creación e a participación ou a instalación de propostas culturais e creativas de relevancia. A adquisición, rehabilitación e posta en funcionamento con usos culturais do inmoble, foi un dos anuncios do presidente Alfonso Rueda durante a campaña electoral autonómica, sinalando o edificio, entre outras cousas, como sede da futura Galicia Film Comissión, un uso este que non volveu mencionarse.