Toda a cidadanÃa está convocada a participar na que é a primeira reunión aberta para enriquecer o plan de usos do Teatro Fraga, en Vigo. O salón de actos da delegación da Xunta en Vigo acolle hoxe ás 19:00 horas esta xuntanza, á que continuarán nos vindeiros meses outras con diversos axentes culturais, sociais e económicos da cidade segundo o plan de consultas presentado no mes de agosto por Xunta e Deputación Provincial de Pontevedra. O obxecto destes encontros é coñecer de primeira man as propostas e suxestións de todos os vigueses e viguesas e deseñar, asÃ, unha senda compartida para convertelo nun centro de desenvolvemento cultural pioneiro e referente na Comunidade galega e no noroeste peninsular. No marco da campaña 'O mellor espazo busca o mellor contido' a caixa de correos virtual xa recibiu preto de 200 achegas rexistradas desde que se abriu o pasado 23 de agosto. AsÃ, permanecerá en funcionamento ata finais de setembro, polo que e posible seguir enviando propostas ao enderezo propostas@teatrofraga.gal tanto entidades como particulares.