Os termos nos que o Teatro Cine Fraga de Vigo pasará a mans públicas comezan a coñecerse de xeito máis detallado. A adquisición, rehabilitación e posta en funcionamento con usos culturais do inmoble, foi un dos anuncios do presidente durante a campaña electoral autonómica, sinalando o edificio, entre outras cousas, como sede da futura Galicia Film Comissión. Tras dunha xuntanza mantida onte entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o da Deputación de Pontevedra, Luis López, o titular autonómico avanzou datos da adquisición do inmoble a entidade bancaria Abanca, que se fixo co edificio que foi propiedade da Fundación Caixa Galicia. Segundo Rueda o próximo luns se aprobará no Consello da Xunta o protocolo de compra do inmoble, que será de 9,3 millóns de euros financiado a dúas bandas: o 51% a Xunta e o 49% restante a Deputación. Alfonso Rueda afirmou que desde a administración autonómica xa se está avanzando no plan de usos, para o que se contará co consenso do sector, ademais aproveitaranse os traballos de rehabilitación inacabados que no seu dÃa dirixiu César Portela.
Ademais deste asunto, na reunión entre o presidente autonómico e o provincial confirmouse a continuidade do impulso conxunto para a rehabilitación e recuperación do convento pontevedrés de Santa Clara. A Xunta de Galicia comprometeuse a axilizar todas as cuestións relacionadas con autorizacións, permisos ou licenzas. Ambas institucións asinaron un protocolo en xaneiro para recuperar este patrimonio cultural. A previsión é investir na súa rehabilitación uns 24 millóns de euros, nos que se inclúen os 6 millóns que achega o Goberno galego. O calendario que se manexa é que se inicien as obras a finais deste ano.