O futuro do parque do Pasatempo de Betanzos leva anos a ser obxecto dun intenso debate entre institucións para asegurar o seu mantemento e conservación tras estar en situación crÃtica e para dalo a coñecer e integralo na comunidade como Ben de Interese Cultural coa categorÃa de xardÃn histórico que é desde o ano 2020. O Plan Director do Parque, que este mércores presentou a Xunta ao Concello de Betanzos, é a folla de ruta a seguir para este espazo e malia que algunhas das súas liñas mestras xa se coñecÃan desde agosto coa presentación inicial do documento, posteriormente aÃnda foi obxecto de negociación co consistorio betanceiro para concretar as propostas finais. O documento, tal e como ven de ser presentado onte, incorpora novos usos para o espazo compatibles cos seus valores culturais e ofrece unha planificación global que ten en conta o mantemento e a sostibilidade a través de mecanismos de xeración de recursos propios. O documento foi elaborado polo estudo especializado Crecente Asociados tras gañar o concurso convocado pola Xunta de Galicia cun custo de máis de 84.000 euros. Na súa elaboración contou cun un equipo multidisciplinar, formado por arquitectos, historiadores, enxeñeiros hidráulicos, restauradores, arqueólogos, expertos en botánica e paisaxistas, co apoio de especialistas en xeomática, turismo e informática.
Esta folla de ruta a quince anos vista define algunhas actividades futuras para o monumento sempre baixo criterios de compatibilidade cos seus valores culturais, incluÃndo a organización de obradoiros e actividades que permitise darlle usos educativos, formativos e de investigación, entre outros. O novo plan director conta, ademais, cun apartado de actuación en restauración e recuperación, accesos e accesibilidade, xardinerÃa e paisaxe, instalacións e equipamento social, cultural e turÃstico. Entre elas, salienta un área de mantemento, un elevador entre os desniveis das terrazas, un espazo comercial, un espazo de participación e un centro interpretación do ben, a recuperación do invernadoiro de plantas asà como un restaurante panorámico entre outras. Ademais, o plan recolle a creación dun percorrido sinalizado e balizado que garanta a visita turÃstica ou didáctica segura para favorecer o coñecemento entre a poboación deste singular ben patrimonial e unha intervención arqueolóxica no Parque Baixo na procura de restos existentes das principais estruturas nesta zona.
Cobro de entrada
Segundo a proposta o parque terá ademais un plan de explotación para a xeración de recursos propios, que contempla o cobro de entradas a 6 euros para o público en xeral e un paquete de entradas reducidas para algúns colectivos, asà como un espazo comercial de venda de recordos. O documento calcula que o espazo atraerá máis de 40.000 persoas cada ano, que deixarÃan uns ingresos estimados de 180.000 euros, cubrindo os costes de mantemento anuais situados en 73.680 euros cada ano. Antes de todo iso a Xunta contempla un investimento inicial de 1,5 millóns de euros no desenvolvemento deste plan, dentro das achegas do Plan Xacobeo Next Generation, entre outras cousas para a restauración de elementos escultóricos nunha primeira fase de consolidación e tratamentos de urxencia como estabilizar xuntas, retirar plantas superiores, agarrar bordes e calquera acción reversible de urxencia que garanta a conservación preventiva. En total o orzamento de todo o Plan Director para a recuperación, adecuación e creación de infraestruturas en toda a súa duración estÃmase en 21.218.865 euros no caso dunha execución completa do presentado.
O Parque do Pasatempo, declarado Ben de Interese Cultural coa categorÃa de xardÃn histórico, é un xardÃn ecléctico creado por Juan Naveira no que se mestura vexetación, arquitectura, escultura, pintura, enxeñerÃa hidráulica, fontes e estanques, cunha vocación de parque temático e didáctico que responde á tradición filantrópica dos indianos que regresaron de América a finais do século XIX.