
En canto aos prazos, o representante do Goberno galego concretou que a partir deste momento precÃsase de tres meses para resolver a tramitación do expediente de cara a proceder a adxudicación do contrato e, unha vez resolto e asinado, cóntase dun prazo de execución estimado de seis meses para que a redacción do plan de traballo estea culminado, "o que permitirá abrir o novo escenario que dea lugar ao inicio da licitación das obras no primeiro semestre do ano 2026", avanzou. A finalidade de ambas as dúas administracións é recuperalo para transformalo nun espazo cultural "flexible e polivalente" que favoreza a produción e a experimentación, a través de iniciativas vencelladas ás artes musicais, audiovisuais e literarias. Nesta liña, indicou que se prevé a posta en marcha de residencias artÃsticas para profesionais locais e tamén de todo o noroeste peninsular "dando pulo e espazo a creadores da cidade e propiciando sinerxÃas e colaboracións entre artistas do territorio galego, do resto de España e de Portugal".