Patrimonio prepara un Plan Director para revitalizar o Cabo de Fisterra

O arquitecto César Portela é o encargado de redactar o documento

| | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Cabo de Fisterra é unha referencia da peregrinación Xacobea e un lugar privilexiado do noso litoral. A Consellaría de Cultura e o concello sábeno ben por iso están a elaborar un Plan Director que lle permita por en valor esa zona. O documento, que está a redactar César Portela, inclúe a construción dun centro de interpretación, un inventario de todo o patrimonio do Cabo (que verá limitado o seu acceso) e a posta en valor do seu contorno. O proxecto foille presentado onde ao director xeral de Patrimonio, Rei Pichel e ao alcalde de Fisterra, José Manuel Traba.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fisterra, César Portela

Claves

Protagonistas
Lugares