O Plan Director de Fisterra limitará o tráfico en toda a zona do cabo

Patrimonio realizará intervencións na zona seguindo as directrices deste documento

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Proposta de percorridos

Proposta de percorridos

Prohibir o acceso dos coches ao faro, crear zonas de aparcamento e implantar un servizo de microbús para os que queiran chegar a Cabo de Fisterra e fixar percorridos delimitados. Todo para preservar o valor paisaxístico e cultural da península de Fisterra. Así o establece o Plan Director redactado por César Portela, arquitecto que coñece en detalle a zona, na que xa interviu coa construción do cemiterio hai unha década. O historiador Felipe Criado e o sociólogo Marcial Gondar son algúns dos máis de vinte especialistas que redactaron e traballaron neste documento marco.

O plan director, que tivo un coste de 186.000 euros (gañador dun concurso público convocado a tal efecto), é un documento marco, que establece as directrices e prioridades de actuación nesta zona pero non ten un prazo de execución fixado. O Plan, que foi presentado onte en rolda de prensa, estima 8.210.000 euros o custe aproximado das accións que propoñen sobre a península de Fisterra. Malia a que non ten carácter vinculante, establece as guías de actuación. De feito, Patrimonio está a ultimar unha serie de intervencións que seguirán as liñas fixadas neste documento que se anunciarán nos vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fisterra, Felipe Criado, Marcial, Marcial Gondar...