O director xeral de Patrimonio impulsa a declaración das pesqueiras como ben de interese cultural

Pescar un BIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As pesqueiras son elementos arquitectónicos construídos no río Miño nos que aínda se poden capturar lampreas e outra fauna de río. Durante moito tempo foron a orixe da riqueza das zonas como Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra do Miño. Uns concellos que levan tempo desenvolvendo iniciativas en diversas instancias (sociais e políticas) para preservar o seu valor. O último en sumarse a esta iniciativa foi o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, que segundo publica “Faro de Vigo”, impulsará a declaración da zona como Ben de Interese Cultural, concedéndolle á zona un grado de protección que evitará o seu deterioramento.

Máis información no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Faro de Vigo, Miño

Claves

Entidades
Lugares