O Consello da Xunta ratifica hoxe a declaración do casco histórico de Vigo coma Ben de Interese Cultural

BIC Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Aínda que os rumores xa andaban no aire o pasado verán, finalmente é hoxe cando o Consello da Xunta aproba a declaración do casco histórico de Vigo coma Ben de Interese Cultural. Logo de que en febreiro a Consellaría de Cultura puxera en marcha o expediente de protección para esta área, non se recibiu ningunha alegación, e finalmente o casco vello da Cidade Olívica, conta desde hoxe co máximo grado de protección que establece a lexislación autonómica, o que obrigará a contar co permiso de Cultura para desenvolver actuacións na zona. Ao tempo, tomaranse medidas de promoción e de posta en valor deste casco histórico, o último das sete cidades galegas que recibe esta protección.

Máis información en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O novo Casco Vello

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Faro de Vigo, Cidade Olívica

Claves

Entidades