O novo Casco Vello

| | Seccións: Sociedade
Compartir:
Vigo está de norabaoa ante a posible declaración de zona monumental do seu casco vello e a protección á que tería dereito de se confirmar esa situación. O alcalde, Lois Castrillo, anunciou a sinatura dun convenio a tres bandas entre o Concello vigués, a Zona Franca e a Consellería de Política Territorial para a rehabilitación de vivendas do casco histórico, o que suporía o definitivo renacemento do barrio antigo da cidade e a renovación da súa vida e actividade, así como o melloramento das súas infraestructuras, algo no que xa viña traballando o Plan Urban do Concello.

Máis información en Faro de Vigo ; Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Renacemento, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra

Claves

Conceptos
Lugares