Vigo terá en breve a declaración de conxunto histórico artístico para o casco vello e a área metropolitana

Vigo protexido e metropolitano

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Vigo era, ata esta fin de semana, a única cidade galega que non contaba con ningún grado de protección para o seu casco antigo. A Consellaría de Cultura e Deporte acaba de declarar a zona vella como ben de interese cultural (BIC) coa categoría de conxunto histórico-artístico. A protección comprende o contorno da Colexiata, os barrios do Berbés, San Francisco e Castelo, a Ferrería e a Rúa de Santiago, ademais dunha zona “de respecto” que rodea o conxunto. Despois da publicación no DOG da declaración, abrirase un prazo para alegacións e reclamacións. Ao mesmo tempo, a alcaldesa e o conselleiro de presidencia acordaron esta fin de semana tramitar a creación da primeira área metropolitana de Galicia, que abrangue o contorno de Vigo.

Máis información sobre a protección do casco vello no web da Xunta e a creación de área metropolitana en La Voz de Galicia. Consulta o plano aquíe comproba ata onde chega a zona vella protexida

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O novo Casco Vello

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Castelo, Ben de Interese Cultural, Culturagalega...