Patrimonio rectifica o Plan do Casco Vello de Vigo mentres Touriño promete frear as urbanizacións na costa

Protexer Vigo e a costa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Unha protección arqueolóxica insuficiente é o principal motivo polo que a Dirección Xeral de Patrimonio decidiu non autorizar o Plan do Casco Histórico de Vigo. O concello deberá incluír neste texto un plan especial de protección arqueolóxica para a zona e envialo de volta á Xunta para o aprobar. Ao tempo, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Toruriño, asegurou onte que impedirá a construción de grandes urbanizacións na costa galega. Neste sentido, sinalou que se está a traballar nun plan de ordenación do litoral e que se porá en marcha unha axencia que controle a legalidade urbanística.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o casco vello olívico; sobre a urbanización na costa e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio