A Xunta paraliza dúas minicentrais no Ulla mentres o conselleiro de Medio Ambiente anuncia a necesidade de buscar outros medios de produción

Revisión central

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A construción da minicentrais hidroeléctricas de Brandariz e de Touro, no río Ulla, foi paralizada por orde da Xunta ao entender o goberno galego que non cumprían a legalidade. As concesións para a creación destes saltos foran anuladas por decisión xudicial o pasado mes de abril, pero ata o momento non se fixera efectiva a paralización. Simultaneamente, nunha entrevista a “El Correo Gallego”, Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, sinalou que “o terreo das centrais hidráulicas xa está esgotado” e apostou por un plan enerxético que avogue polo desenvolvemento sostible. Vázquez apuntou que se revisarán os procesos que realizou o anterior goberno nos seus últimos meses para autorizar a construción de minicentrais.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e en El Correo Gallego; o noso tema sobre a política enerxética

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ulla, El Correo Gallego, Manuel Vázquez, Galicia Hoxe...