Medio Ambiente quere paralizar novos encoros mentres Galicia continúa infrinxindo a norma da UE sobre augas fecais

Augas correntes... e cheirosas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciou a súa intención de paralizar os proxectos de dez novas minicentrais hidroeléctricas. Vázquez confía en chegar a un acordo para que as empresas que posúen os dereitos de dez concesións de aproveitamento e que non comezaron a explotalas, paren os proxectos. Ao tempo, sabemos que Galicia continuará a infrinxir a directiva europea sobre augas fecais cando menos outros cinco anos. Este é o prazo no que se prevé que estean finalizadas as obras de saneamento en cidades coma A Coruña, Ferrol e Pontevedra.

Máis información Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia, e nos nosos arquivos sobre minicentrais

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Vázquez, Galicia Hoxe, Culturagalega, La Voz de Galicia...