A organización ecoloxista ADEGA anunciou onte que a Xunta ten previsto paralizar o proxecto de construción dunha piscifactorÃa nas proximidades de Corrubedo. O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciou esta medida, segundo o colectivo, na última xuntanza do Consello Galego do Medio Ambiente. Ao tempo, e segundo publica o xornal "Galicia Hoxe", están marcha proxectos para ampliar unha factorÃa deste tipo e construÃr catro máis na zona da Mariña lucense, dúas delas por conta de Pescanova.
Máis información no web de ADEGA; en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos