As centenarias pesqueiras do RÃo Miño, construcións dedicadas ás artes de pesca tradicionais, contan cunha nova asociación dedicada a gardar a súa memoria, documentalas e poñelas en valor de cara a súa conservación e a súa divulgación como patrimonio material e inmaterial e a unha futura proposta como BIC. A nova "Asociación RÃo Miño Natureza Ignacio Gago", nace co proxecto pór en valor as máis de trescentas pesqueiras que existiron no tramo do rÃo dos catro concellos de Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo e Crecente. As pesqueiras orixinais situábanse por todo o RÃo Miño desde Ribadavia ate o O Rosal, pero actualmente só están activas para a pesca da lamprea nestes catro concellos, tras das construcións de diferentes embalses que as asolagaron. As primeiras bases documentais sitúan xa o uso destas artes no século XII, se ben hai quen as vencella con séculos anteriores e mesmo coa ocupación romana.
A asociación leva o nome de Ignacio Gago Pérez (Arbo, 1933-2011) ao que a súa localidade natal nomeou Arbense Distinguido en 2021. Gago, fillo do último alcalde anterior ao Golpe de Estado Militar, foi moi coñecido na súa comarca, por ter liderado o movemento social que parou en 1978 a construción dun embalse no, o Salto de Sela, que ameazaba as pesqueiras que eran o xeito de vida de moitos veciños coma el que era tamén pescador y labrador. O seu neto, Florencio Gago, é un dos impulsores desta nova asociación que tivo como unha das súas primeiras decisións asociarse ao ao GDR Condado Paradanta. A asociación nace cun primeiro proxecto, o de recoller toda a documentación para clasificala, estudala e arquivala, inventariar e catalogar dun xeito contrastado e veraz. O segundo paso será sensibilizar e difundir para que as veciñas e veciños de Arbo recoñezan e valoren estas xoias que formaron e aÃnda forman parte das familias. A súa intención é facer un traballo integral e sólido que obteña o recoñecemento de Ben de Interese Cultural (BIC) ao ser un elemento singular da arquitectura tradicional. Esa declaración, que existe nun nivel homólogo desde 2022 no veciño Portugal sobre estas construcións, foi rexeitada no Parlamento de Galicia, malia que o goberno autonómico si que incluÃu as documentadas no Inventario del Patrimonio Cultural de Galicia. Esta asociación intentará unificar criterios de inventariado entre os diferentes concellos con esa finalidade, xa que, segundo explican "A dÃa de hoxe tan só no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do concello de Arbo figuran reflexadas as pesqueiras pero non no de As Neves, Crecente ou Salvaterra".