A ministra apoia a creación en Vigo da Cidade do Mar, mentres que Porro e o BNG o rexeitan

Un mar de cidade

“Cidade do mar” é o nome dunha iniciativa que concentraría todos os recursos de investigación e os centros existentes relacionados cos estudos mariños. O proxecto foi presentado pola conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón á ministra homóloga, María Jesús San Segundo nunha xuntanza na que analizaron a implantación da LOE en Galicia. A ministra valorou positivamente o proxecto e o seu emprazamento no recinto da ETEA en Vigo. Un feito no que non coinciden, segundo o Faro de Vigo, nin o BNG municipal nin a alcaldesa olívica, Corina Porro. Por outra banda, Zona Franca que é a propietaria dos terreos non fixo ningunha declaración.

Máis información sobre a xuntanza no web da Xunta e no Faro de Vigo