A sede do parque das Illas Atlánticas construirase en 18 meses

O parque ten sede

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A Comisión Mixta de Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas decidiu o pasado mes de setembro que a sede de dita entidade estará en Vigo. Pois ben, a Xunta e a alcaldía de Vigo queren ese edificio, que inclúe tamén o centro de interpretación da natureza, se constrúa en 18 meses. Para iso, a alcaldesa viguesa, Corina Porro, acaba de establecer un prazo de 15 días para decidir o futuro emprazamento dun edificio que ten un custe de preto de sete millóns de euros. Mentres, o concello prestará un edificio municipal para que a entidade poida ir funcionando.

Máis información no Faro de Vigo e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza, Culturagalega, Faro de Vigo

Claves

Conceptos
Lugares