Tres entidades financian o proxecto de creación dunha cidade tecnolóxica en Vigo

Silicon Valley chega a Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Zona franca, Caixanova e a Universidade de Vigo acaban de pechar un convenio para facer realidade o Silicon Valley galego. Trátase dun complexo dedicado a investigación, desenvolvemento e innovación, o I+D+i, e que levará o nome de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI). O proxecto conta cun edificio central que atenderá as catro unidades nas que se divide a cidade: tecnoloxías da información, recursos naturais, deseño industrial e empresas. A Cidade Tecnolóxica pretende converterse nun polo de atracción para a dinamización de centros tecnolóxicos, a creación de espazos mixtos universidade-empresa e a incorporación dos de I+D das empresas.

Máis información no web do diario da Universidade de Vigo e noFaro de Vigo

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Faro de Vigo, Caixanova