A maioría dos profesores da Universidade de Vigo imparte as súas clases en castelán

Español universitario

21/10/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
29 lecturas | Compartido 0 veces
Só un 26% dos profesores da Universidade de Vigo dan a clase en galego, fronte un 64% que o fan en castelán e un 1% que emprega outros idiomas coma o inglés ou o francés. Sen embargo, a maioría dos docentes recoñece que comprende e se desenvolve perfectamente na nosa lingua e mesmo un 49,4% considera insuficiente o nivel de emprego de galego nas clases. Estes datos extráense dun estudio realizado pola Universidade de Vigo que foi respondido por 393 profesores dos diferentes campus.

Máis información no web do estudio e no xornal da Universidade de Vigo


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Universidade de Vigo

Claves

Lugares