A Universidade de Vigo inicia o seu Plan de Política Lingüística mentres a de Santiago organiza un seminario de dinamización

Plans de normalidade universitaria

4/12/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Planificar as actuacións sobre lingua da universidade até o ano 2010. Este é o ambicioso obxectivo co que nace o Plan de Política Lingüística da Universidade de Vigo, que se presentou onte coa dupla intención de conseguir un maior emprego da nosa lingua nesta institución e de avanzar na inclusión doutras linguas na docencia. Mentres, a Universidade de Santiago anuncia a celebración, os vindeiros días dezaseis e dezasete de decembro dun seminario para a dinamización lingüística baixo o lema "Temos un plan". O programa deste evento comprende nocións básicas de sociolingüística e dinamización alén de explicacións sobre o traballo da USC neste campo.

Máis información sobre o Plan de Política Lingüística no Diario da Universidade de Vigo; sobre o seminario “Temos un plan” no xornal da USC

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Política Lingüística, Universidade de Vigo, USC...

Claves

Lugares