Unha fundación belga acaba de premiar a César Portela polo cemiterio de Fisterra

Arquitectura de vivos e de mortos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Pretendía facer un cemiterio laico, sen ningún tipo de simboloxía relixiosa e a base de bloques de formigón situado nun enclave privilexiado en Fisterra. César Portela quería recoller unha nova visión dos cemiterios, e o seu traballo acaba de ser valorado e premiado pola fundación Philippe Rotthier, que leva o nome dun dos arquitectos máis coñecidos en Bélxica. E xa que falamos de arquitectura, mañá comeza un congreso que reunirá na Coruña a profesores e arquitectos procedentes de España, Italia e outros países co afán de reflexionar sobre a relación da universidade co seu entorno.

Premios

A fundación Philippe Rotthier, que da nome a un coñecido e reputado arquitecto famoso polos seus proxectos de rehabilitación, acaba de premiar ó arquitecto pontevedrés César Portela polo seu proxecto cemiterio municipal de Fisterra. Unha intervención sobre un camposanto situado nun enclave privilexiado e que foi polémico tanto na súa construcción como nas múltiples opinións que suscitou. A obra está recollida no catálogo de Monografías de Arquitectura no apartado "Paisaxes con figuras" e trátase de titularidade municipal, con carácter laico polo que está desprovisto de calquera simboloxía relixiosa.
A fundacion distinguíu tamén as obras de outros cinco traballos, como foron a recontrucción da Cidade de La Habana,unha obra e n siria e outros proxectos en Europa. O premio, que ten carácter trianual está dotado con 30.000 euros, e recompensa exemplos contemporáneos de proxectos harmónicos co seu entorno.


Congreso de arquitectura

Desde mañá e ata o vindeiro día 27 arquitectos e profesores de toda España, Italia e doutros países europeos teñen unha cita na Coruña. E é que na Escola Técnica Superior de Arquitectura desenvólvese o congreso EGA-2002. Unha cita que pretende reflexionar sobre as relacións entre a universidade e a sociedade, e facer unha posta en común das liñas que deben de facer os departamentos das diferntes escolas, para marcar obxectivos importantes e axudar ós institutos de investigación a que colaboren coa universidade.
E mañá, o Consello Galego do Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos entregará os seu premios Galicia 2001. Un acto que comezará coa conferencia do profesor da Universidade Politécnica de Madrid, Rafael Anduiza Arriola, quen desenvolverá o tema " A seguridade e a saúde laboral na construcción" que dará paso ós actos de entrega de premios fin de carreira e ó alumno con mellor expediente académico.



Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Portela, Arquitectura, Fisterra, A Coruña...