Dous auténticos museos ao aire libre. Isto é o que a ConsellarÃa de Cultura quere desenvolver no Cabo Fisterra e mais no Castro de Santa Tegra cun investimento de 435.000 euros. Segundo anunciou sábado este departamento, está para publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para redactar os plans directores que organicen estes espazos, para o que se destina un orzamento de 435.000 euros. Cultura agarda que para 2010 estean en marcha estes espazos, que queren aproveitar os restos históricos presentes en cada unha destas zonas canda aos valores naturais do contorno.