Un total 300.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, é a contÃa á que poden aspirar os concellos para mellorar os seus espazos culturais. O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado dÃa 28 de maio esta convocatoria, coa que a ConsellarÃa de Cultura pretende financiar melloras nestes espazos, "fundamentalmente na eliminación de barreiras arquitectónicas e melloras da accesibilidade, nos equipos de luz e son e acondicionamento acústico, no equipamento informático e na instalación de medidas de seguridade e de extinción de incendios". Os concellos interesados teñen ata o 28 de xuño para solicitar as subvencións, dun máximo de 50.000 euros por actuación dunha soa entidade e que poden cubrir ata o 75% do orzamento..