Cultura achegará 800.000 a equipamentos culturais en concellos e entidades

A Consellaría aprobou tamén as axudas á normalización nos centros de ensino

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Un total de 800.000 euros distribuiranse entre 127 concellos e 113 113 asociacións, entidades e fundacións para mellorar equipamentos culturais. A Consellaría de Cultura anunciaba onte a publicación no Diario Oficial de Galicia das resolucións de axudas para estes fins, que contan co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O equipamento de centros xa existentes, a miúdo con material informático ou equipos de son de vídeo, son os proxectos máis amplamente recollidos nesta convocatoria.

Canda a isto, a Consellaría anunciaba tamén a pasada semana a convocatoria de axudas para fomento do galego dos de ensino centros de titularidade pública. En total distribuiranse 300.000 euros (suxeitos a posibles variacións orzamentarias posteriores), o que segundo os convocantes supoón un 20% máis do que no anterior ano. Ademais, a convocatoria prevé facer o pago das axudas de xeito inmediato á resolución da convocatoria, sen necesidade de xustificar a priori o gasto como acontecía en edicións anteriores.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Asociacións, Lingua galega

Claves

Lugares