A Xunta apoia programacións amadoras con 50.000 euros

A nova convocatoria está orientada a certames, ciclos e festivais escénicos e musicais

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Un total de 50.000 euros financiarán propostas de certames, ciclos e festivais escénicos e musicais de carácter amador. A Consellaría de Cultura facía pública esta mañá a convocatoria de axudas para estes fins, á que poden optar institucións sen fin de lucro, entidades locais e agrupacións de concellos. As actividades que cobren estas subvencións deben realizarse entre o 1 de xaneiro e o 16 de novembro deste ano, e a contía máxima que se poderá recibir por solicitude é 6.000 euros, que cubrirán ata o 70% do orzamento total do proxecto. As solicitudes conxuntas de entidades locais poderán recibir ata 7.500 euros por proposta. Os interesados teñen ata o vindeiro 23 de xuño para solicitar esta liña de axudas.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves