Os festivais escénicos e musicais reciben apoio de AGADIC

A entidade abre a convocatoria de axudas cun orzamento total de 460.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias de axudas a festivais escénicos e musicais e mais a aqueles certames de carácter afeccionado. A Axencia Galega das Industrias Culturais distribuirá un total de 460.000 euros nestas liñas de axudas. Por unha banda, os festivais escénicos e profesionais poden optar a subvencións por valor de 360.000 euros, mentres 40.000 van para as convocatorias de afeccionados e 60.000 destínanse directamente á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en virtude dun convenio entre esta entidade e a Consellaría de Cultura.

Ao se disgregar a achega pública do Festival de Ribadavia da convocatoria de axudas, o resto de citas deste tipo dispoñen de 60.000 euros máis a respecto do pasado ano.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Axencia Galega das Industrias Culturais