Dezanove festivais afeccionados reparten 40.000 euros de Cultura

Foi a primeira vez que a Consellaría convocou esta liña de axudas

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Consellaría de Cultura, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) facía pública onte a resolución das súas axudas a festivais amadores. En total serán 19 festivais, mostras, ciclos e certames escénicos e musicais de carácter afeccionado os que se repartirán os 39.998 da convocatoria, dos cales 12 son eventos musicais e 7 de teatro amador. Entre os maiores beneficiarios está a XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia da Universidade de Santiago con 3.460 euros ou o XX Festival do Río Castro. A Federación Galega de Teatro Afeccionado ou a unión de empresas que xestiona o Teatro Colón son outros dos beneficiarios desta liña.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Axencia Galega das Industrias Culturais, Teatro Colón

Claves

Conceptos
Lugares