A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de facer pública a resolución das súas axudas para festivais escénicos e musicais. A liña cobre eventos que se realizan desde o comezo de 2013 ata o vindeiro 31 de outubro, de xeito que son moitas as actividades que coñecen agora a contÃa do apoio da Axencia. En total foron 360.000 euros os que se distribúen entre os dous tipos de festivais, sendo nove de artes escénicas e oito de teatro os beneficiados.
Por contÃas, o Festival Outono de Teatro de Carballo e mais a Mostra de Ribadavia foron as citas escénicas máis favorecidas na convocatoria, con máis de 44.000 euros cada unha. A estes séguenlle a Mostra Internacional de Teatro de Cangas (28.308 euros) e o Galicreques con 20.400. Nos eventos musicais o Resurrection Fest encabeza as axudas con 29.512 seguido polo Reperkusión, que obtivo 28.159.
Resolución das subvencións de AGADIC a festivais 2013.Por contÃas, o Festival Outono de Teatro de Carballo e mais a Mostra de Ribadavia foron as citas escénicas máis favorecidas na convocatoria, con máis de 44.000 euros cada unha. A estes séguenlle a Mostra Internacional de Teatro de Cangas (28.308 euros) e o Galicreques con 20.400. Nos eventos musicais o Resurrection Fest encabeza as axudas con 29.512 seguido polo Reperkusión, que obtivo 28.159.