AGADIC recorta un ano máis as axudas ás artes escénicas

Distribúe 1.010.000 euros nas subvencións ás industrias culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia Recolle hoxe a convocatoria de subvencións ás industrias culturais de 2013 que realiza AGADIC. A Axencia Galega das Industrias Culturais cobre con esta liña o apoio á actividade escénica, a salas de teatro e artes escénicas privadas e mais á distribución. Dentro destes inclúese apoio a espectáculos de diferentes formatos, a novas empresas, distribución interior e exterior ou asistencia a feiras. A contía total para estes apartados é de 1.010.000 euros, o que supón un descenso de 280.000 euros a respecto da convocatoria do pasado ano.

A maior parte do investimento vai na liña de axuda á actividade escénica, para a que se distribuirán 100.000 euros para este anos e outros 410.000 para 2014. Séguea o apartado destinado á distribución, que conta con 350.000 euros, mentres as salas privadas repartirán 70.000.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Teatro, Axencia Galega das Industrias Culturais