Agadic aumenta a partida para a distribución exterior das industrias culturais

A convocatoria das subvencións publicase hoxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

As subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais no ano en curso veñen de ser convocadas pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) a través do Diario oficial de Galicia (DOG). Estas axudas públicas diríxense a través de catro supostos á distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia xa sexa como representacións autónomas ou dentro de feiras e festivais, tamén se contempla a asistencias a feiras e mercados culturais no exterior para a representación de bens ou servizos culturais de calquera modalidade que sexan producidos por persoas físicas ou xurídicas con sede na nosa comunidade. Por último a convocatoria tamén dispón axudas para a distribución de espectáculos escénicos dentro do territorio do país. A partida xeral deste ano aumenta en 15.000 euros respecto a do pasado 2017, chegando neste caso aos 450.000 euros de crédito dos cales 350.000 euros se reservan para as modalidades de representación no exterior mentres que a partida inicial para o mercado interior mantense nos 100.000 euros como na anterior convocatoria, a non ser que non existan solicitudes suficientes nas modalidades de distribución exterior co cal se disporía de remanente para esta. A contía máxima total que poderá obter unha empresa beneficiaria no conxunto das distintas modalidades da presente convocatoria será de 25.000 euros. No pasado ano, a través de tres rondas de adxudicacións chegou a esgotarse o crédito asignado nestas axudas.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Axencia Galega das Industrias Culturais