O Diario Oficial de Galicia de hoxe recolle a convocatoria de dúas das liñas que a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) realiza cada ano. A primeira é a convocatoria das axudas ás actividades de distribución para industrias culturais, que se incrementan por segundo ano consecutivo e contarán en 2017 con 435.000 euros, 15.000 máis que no pasado exercicio. Estas subvencións apoian actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017 e inclúen na súas catro modalidades a distribución de espectáculos e as representacións no exterior, a asistencia a feiras internacionais e mais a distribución de espectáculos no noso territorio. Os interesados teñen ata o vindeiro 31 de agosto de 2017 para realizar as súas solicitudes, e poderán a optar a axudas por un máximo de 25.000 euros por empresa.
A outra convocatoria que recolle hoxe o DOG é a de subvencións a festivais de artes escénicas e de música, que mantén o seu orzamento nos 390.000 euros, dos cales 220.000 euros son para eventos musicais e 170.000 euros para artes escénicas. Os eventos que se presenten terán que se celebrar entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017 e contar cun mÃnimo de dúas edicións ás costas. Nos casos dos festivais escénicos valorarase ademais a presenza de compañÃas galegas no programa. Os interesados teñen un mes para presentar as súas solicitudes, coas que poderán optar a un máximo de 50.000 euros por evento.