Convócanse as axudas para distribución cultural e festivais de Cinema

A AGADIC mantén as contías da anterior convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Un total de 350.000 euros apoiarán as actividades de distribución para industrias culturais ao longo de 2015, mentres que os festivais de cinema do país distribuiranse 90.000 euros. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias da Axencia Galega das Industrias Culturais para estes fins, que manteñen as contías do pasado ano. Así, no campo da distribución, a Axencia apoia a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia, as presentacións en feiras e festivais foráneos, a asistencia a feiras e mercados culturais e mais as representacións no noso propio país. As convocatorias están abertas ata o vindeiro 31 de agosto de 2015 nas axudas á distribución e dun mes no caso dos festivais.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Artes Escénicas, Axencia Galega das Industrias Culturais