Agadic convoca as axudas á distribución escénica e musical

Están dotadas con 600.000 euros e cobren actividades dentro e fóra de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

O Diario oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria anual de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e música. A partida que se dedica a isto, parte dos orzamentos xerais da Axencia Galega das Industrias Culturais mantense como o pasado ano nos 600.000 euros a dividir a partes iguais entre ambas disciplinas e en función da modalidade de actividade a apoiar en cada caso, xa sexa distribución directa, asistencia a feiras e festivais, etc.. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións que regularán a concesión en réxime de concorrencia non competitiva de subvencións para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e ou musicais.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Axencia Galega das Industrias Culturais