A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) ven de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia as bases que rexen a convocatoria de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, nomeadamente para artes escénicas e musicais. Esta liña de axudas que habitualmente ten carácter anual convócase neste caso restrinxida para actividades que se levaran xa a cabo entre o 1 de novembro de 2019 e o 12 de marzo de 2020, xusto antes da entrada en vigor do Estado de Alarma. Esta restrición a apenas catro meses e medio explica que o orzamento se reduza respecto á convocatoria de 2019 dos 460.000 consignados para aquel ano aos 300.000 euros desta convocatoria, dos cales 150.000 euros son para artes escénicas e 150.000 euros para música. A distribución a partes iguais entre ambos tipos de espectáculos xa tivo que ser corrixida o pasado ano a favor das artes escénicas ante a ausencia de solicitudes suficientes para a música. Xa que o parón na actividade causado pola crise sanitaria será de canda menos tres meses, queda por coñecer cales serán as axudas o resto do perÃodo ate novembro, de existir viabilidade para retomar as actividades escénicas e musicais afectadas. Estas subvencións teñen como un dos seus obxectivos principais promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso paÃs, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais.