Agadic recupera o orzamento de 2019 para as axudas á distribución de artes escénicas e música

Publícase no DOG a convocatoria que dedica 460.000 euros a apoiar proxectos de comercialización e distribución profesionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ven de abrir a convocatoria para as subvencións de apoio á distribución profesional e comercialización dos produtos culturais de artes escénicas e musicais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais. O Diario Oficila de Galicia publica hoxe as bases destas axudas dirixidas tanto a espectáculos de artes escénicas coma a grupos ou artistas musicais, que dota cun orzamento total de 460.000 euros, dos cales 230.000 euros son para artes escénicas e 230.000 euros para música. Esta partida supón un importante aumento respecto da anterior, correspondente á excepcionalidade do 2020, e recupera exactamente a contía asignada en 2019.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Axencia Galega das Industrias Culturais