A AGADIC resolve a segunda parte das axudas á distribución para industrias culturais

Un total 24 propostas de 19 compañías benefícianse desta convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Vinte e catro propostas de 19 compañías e empresas culturais do noso país repartirán os 350.000 euros da segunda resolución das axudas para a distribución que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais. Distribución exterior de espectáculos de artes escénicas e musicais, representación en festivais, asistencia a feiras e mercados culturais e distribución de espectáculos no noso país son os catro eixes destas convocatoria. A xira estatal de Voadora é a que recibe un maior apoio para a distribución exterior da axencia pública con 9.660 euros, mentres que a nivel galego son as obras Da Vinci tiña razón e Menú do Día as beneficiadas con 9.531 e 8.695 euros respectivamente.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Voadora, Axencia Galega das Industrias Culturais