AGADIC distribúe 107.071 euros en axudas á distribución

Reciben apoio 68 propostas editoriais e mais de artes escénicas e musicais

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Vinte empresas culturais, e un total de 68 propostas reciben apoio na segunda quenda de adxudicacións das subvencións á distribución que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). En total son 107.071 euros que facilitarán a xira de compañías teatrais e de grupos musicais tanto dentro como fóra de Galicia. Ademais, tamén se apoia a asistencia de firmas galegas de arte a feiras como ARCO, Just Mad ou Primavera Pro ou a eventos discográficos.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, ARCO, Axencia Galega das Industrias Culturais