A Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic) ven de facer pública a terceira quenda de adxudicacións da súa convocatoria de axudas á distribución das industrias culturais. Toda vez que as subvencións para artes escénicas xa esgotaron a súa parte da partida na anterior quenda -a metade do orzamento total da partida de 460.000 euros- a nova listaxe de subvencións publicada está dirixida só a accións da industria musical nas tres modalidades que contempla a convocatoria: Distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia; Representacións musicais en feiras e festivais fóra de Galicia; Asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia. En total, nesta nova resolución, adxudÃcanse 39.810,38 euros a 25 proxectos coincidentes coas bases da convocatoria. Con todo a parte da partida dedicada á musica aÃnda non se esgotou xa que coas tres quendas a industria musical recibe 192.364,30 euros dos 230.000 euros destinados para ela. Nesta entrega se ven beneficiadas, entre outras, a formación De Vacas obtendo apoio para a súa xira de este ano e a súa asistencia a festivais.